Máis Cousas
Publicada por Tagen_Ata à(s) 22:59 0 comentários
Etiquetas: catedral, Curiosidades, zona vella
Cousas
Tenda: Pecados de Compostela. Larpeiradas
Unha mañá calquera na Praza Roxa
Vistas dende unha parte do parque de Bonaval
Publicada por Tagen_Ata à(s) 22:50 0 comentários
Etiquetas: Curiosidades
Curiosidades de Compostela VIII
Encántame este farolillo no exterior dunha das farmacias máis antigas de Santiago, indo cara a rúa nova dende a Alameda.
Publicada por Tagen_Ata à(s) 22:46 0 comentários
Etiquetas: curiosidade, zona vella
Atlas
Atlas ou Hércules sostendo a bola do mundo no pazo da Bendaña, que na actualidade é a sede do museo-fundación Granell, dedicado ó artista surrealista Euxenio Granell. Podédelo atopar na praza do Toural
Publicada por Tagen_Ata à(s) 22:41 0 comentários
Etiquetas: zona vella
Un, dous, tres, responda outra vez
14.4.09
PREGUUNTA (léase en tono de Jordi Hurtado): De que cor é o cabalo branco de Santiago?
- a) Azul
- b) Branca
- c) Amarela
- d) Todas as anteriores son falsas
Galería de imaxes: http://picasaweb.google.es
(Un dos cabalos é de San Martiño Pinario, que non de Santiago Apóstol pero si de Santiago de Compostela, xD. Sinto que as fotos se vexan tan borrosas, na maioría non se me estaba permitido achegarme debido a un cordón de seguridade ou a empregados de tendas de souvenirs á vista... )
É curioso como actualmente tapan cunha pranta as esculturas dos mouros que matou Santiaguiño...
Publicada por Tagen_Ata à(s) 22:31 0 comentários
Etiquetas: catedral, zona vella
Curiosidades de Compostela: VII
13.4.09
Primeira imaxe: parte do Pórtico da Gloria onde cabe destacar a figura de Danieliño, o profeta mostra un sorriso pícaro, din que se debe a que anteriormente se situaba en frente unha escultura da emperatriz Ester, cuns voluminosos senos. Según a lenda, un obispo, xa farto de que a xente falase da mirada de Daniel, mandou rebaixar o tamaño do peito da raíña en vez de deixalos flirtear ós dous tranquilamente...
Os composteláns, alporizados ante este feito, crearon o chamado queixo de tetilla para inmortalizar así os peitos da raíña Ester. Se é que menudas obscenidades...
Segunda imaxe: Cúpula da catedral onde se pode observar un ollo, supostamente "o ollo de deus" que todo o ve...
En próximas actualizacións falarei largo e tendido sobre o cabalo branco de Santiago...
Publicada por Tagen_Ata à(s) 19:38 0 comentários
Etiquetas: catedral, zona vella