skip to main | skip to sidebar

Verbas

  • zona vella
  • rúas
  • catedral
  • curiosidade
  • parques
  • zona nova
  • estatuas
  • prazas
  • edificios
  • Curiosidades
  • Músicos
  • campus norte
  • campus sur
  • librarías
  • aforas
  • arte
  • fontes
  • museos

Pelegríns

  • Endalí
  • Maltraste
  • Pelegrín
  • Tagen_Ata

Arquivos

  • agosto (5)
  • abril (5)
  • março (8)
  • junho (18)
  • maio (14)

Non sempre chove en Santiago

Convento de Belvís

26.6.08


Ao fondo: O convento de Santa María de Belvís, a imaxe está sacada dende a rúa das Trompas.

Foi fundado no século XV e reedificado no barroco polo arcebispo mexicano Monroy. O que se ve aos arredores é o chamado parque de Belvís que relaciona o recinto histórico coas edificacións do convento e do Seminario menor, constituíndo unha especie de foso natural da cidade medieval.

Cabe dicir que dende a parte máis alta se pode disfrutar das vistas de toda a cidade.

Publicada por Tagen_Ata à(s) 15:25 0 comentários  

Etiquetas: parques, zona vella

O pasadizo da Quintana

20.6.08




Falando sobre a lenda da sombra do peregrino, contábame Maltraste o outro día que por entre os chanzos das escaleiras da Quintana pódense ver tres curiosos buracos ou respiradoiros, pertencentes ó pasadizo que comunica a zona máis antiga da Catedral co veciño Mosteiro de clausura de San Paio de Antealtares.

Pasadizos soterrados e catedrais: coma nunha boa novela de intriga ;)

Publicada por Endalí à(s) 02:38 0 comentários  

Etiquetas: catedral, prazas, zona vella

Cidade Vella

19.6.08

Publicada por Endalí à(s) 01:43 0 comentários  

Etiquetas: catedral, zona vella

A sombra do peregrino

17.6.08


Di unha vella lenda que un sacerdote namorou dunha relixiosa do convento de San Paio de Antealtares. Tódalas noites o clérigo ía na busca da súa amada, atravesando un pasadizo segredo soterrado baixo ás escaleiras da Quintana que comunicaba a Catedral co Mosteiro.

Mais chegou o día en que esta situación se fixo insoportable para os dous amantes, que acordaron fuxir xuntos. A cita quedou fixada para medianoite e o sacerdote decidiu ir vestido de peregrino para non chamar a atención de ollos maledicentes.

O home agardou e agardou por ela, pero a moza non acudiu, ninguén soubo nunca o porqué. O clérigo, desesperado, xamais puido renderse á evidencia e dende entón, cada noite, pasadas as 12, sen importar os séculos transcorridos, a súa sombra paciente segue asistindo á cita.

Esta é só a primeira (e a miña favorita) das dúas versións da historia da misteriosa sombra do peregrino. Aquí poderás coñecer a outra.

Publicada por Endalí à(s) 03:38 6 comentários  

Etiquetas: catedral, zona vella

Facultade de Ciencias da Comunicación [1993-1999]

16.6.08






Sita no campus universitario norte da USC, a facultade é de visita obligada para os amantes da arquitectura contemporánea. Este edificio, o segundo gran proxecto compostelán do arquitecto e premio Pritzker portugués Alvaro Siza Vieira -o primeiro foi o CGAC- é non só un dos maiores orgullos da universidade compostelá, senón un dos máis admirados fitos arquitectónicos da cidade.

Xa finalizada a obra, posteriormente premiada co Secil 2000 de Arquitectura, o arquitecto expresou o seu agradecemento á universidade por "permitirlle ser arquitecto". Con estas palabras facía referencia á gran liberdade que lle foi otorgada durante o deseño e execución do edificio. Siza involucrouse en tódolos aspectos da obra, resolvendo até o útimo detalle do equipamento e do mobiliario.

Publicada por Endalí à(s) 17:17 4 comentários  

Etiquetas: campus norte, edificios

Estrela de Compostela

Publicada por Endalí à(s) 15:10 4 comentários  

Etiquetas: fontes, zona vella

Curiosidades rúa do Vilar II

13.6.08





1-2) Tenda de souvenirs ou tamén chamada Fábrica de Paraguas “Crisol”. Aquí atopamos especialmente bisutería, agasaios e curiosas figuras artesanais de personaxes coñecidos do mundo do comic (Tintín, Milú..), da literatura (Castelao), do cine (Humprhey Bogart, Cary Grant, Autrey Hepburn...), da música (the beatles, Jagger…) e un longo etcetera

3) Tenda de camisetas curiosas na que a temática principal é a cultura galega, atópase ao final da rúa e está paralela á praza do Toural.

4-5) Fonte dos cabalos da praza de praterías na que desemboca a rúa do Vilar, é unha fonte de estilo italiano en forma circular e feita en pedra. No seu centro se observan catro cabalos que botan auga polas súas bocas. De entre estes cabalos xorde un pedestal rematado por unha figura feminina que alza o seu brazo coa estrela de Compostela.

Curiosamente, Federico García Lorca inspirouse nesta fonte para escribir o seu poema “Danza da lúa en Santiago”:

"¡Fita aquel branco galán, olla seu transido corpo!/ é a lúa que baila/ na Quintana dos mortos/ Fita seu corpo transido/ negro de somas e lobos/ Nai: a lúa está bailando/ na Quintana dos mortos/ ¿Quén fire potro de pedra na mesma porta do sono?/¡É a lúa, é a lúa!/ na Quintana dos mortos/ ¿Quén fita meus grises vidros cheos de nubes nos seus ollos?/ é a lúa, é a lúa/ na Quintana dos mortos/ Déixame morrer no leito/ soñando con froles d´ouro/ é a lúa, é a lúa/ na Quintana dos mortos/ (...)

Publicada por Tagen_Ata à(s) 02:31 0 comentários  

Etiquetas: rúas, zona vella

Curiosidades rúa do Vilar




Como o prometido é debeda, hoxe tamén paso a comentar unhas fotos de diferentes locais e establecementos da rúa do Vilar.

1-2) A fundación cultural Caixa Galicia: parece mentira que se encargue unha entidade bancaria de difundir a cultura na cidade… pero é o que hai. Esta fundación ofrece de maneira gratuita a posibilidade de contemplar obras de arte. Este mes destaca unha exposición de cadros do famoso pintor impresionista, Joaquin Sorolla. Tamén realizan ciclos de cine bastante interesantes. A foto é do pasado mes de abril, sei que tiña que actualizala pero últimamente me vexo escasa de tempo. Este mes está adicado aos grandes mestres italianos, Fellini, De sica, Rosellini, Visconti….

3) A sede da fundación Gonzalo Torrente Ballester. Esta sede está dotada con biblioteca, auditorio, e acolle actividades vencelladas á literatura e outras manifestacións artísticas, polo que na súas salas tamén se realizan exposicións de carácter temporal.

4) Imaxe lateral do edificio onde se atopaba antigamente a imprenta da coñecida editorial “nós”. O seu fundador, Anxel Casal, foi a figura que máis fixo pola normalización do libro galego antes da guerra civil. Exerceu de alcalde de Santiago en 1936, e pagou coa propia vida o seu compromiso de amor a Galicia.

Publicada por Tagen_Ata à(s) 02:21 1 comentários  

Etiquetas: rúas, zona vella

Zona nova







As dúas primeiras imaxes pertencen á rúa de Alfredo Brañas, na zona nova de Santiago. De día é unha rúa ideal para pasear, facer as compras e quedar cos amigos nos diferentes cafés que se atopan nela.

Pola noite convértese na zona máis concorrida da parte nova da cidade xa que están situadas as discotecas e pubs máis frecuentados polos universitarios e xente xove en xeral, entre eles destaca os pub D3, a discoteca Liberty e o maravilloso club de jazz Dado-dada, o mellor local de música jazz de toda a cidade. (terceira imaxe).

Publicada por Tagen_Ata à(s) 01:01 0 comentários  

Etiquetas: rúas, zona nova

Mordaza

11.6.08

Publicada por Endalí à(s) 03:43 0 comentários  

Etiquetas: campus sur, estatuas

Araña

10.6.08

Pero ésta é das inofensivas.
Ignácio Basallo, Avda de Barcelona.

Publicada por Endalí à(s) 02:45 0 comentários  

Etiquetas: estatuas

Avenida de Barcelona

8.6.08



Este proxecto do arquitecto César Coll é unha das miñas zonas favoritas da cidade. O obelisco da esquerda é obra do escultor Ignácio Basallo.

Publicada por Endalí à(s) 23:25 0 comentários  

Etiquetas: campus sur, edificios

Tras do Pilar, 11







Jesús López Rego deseñou este fermoso edificio á beira da Alameda, unha das primeiras construccións modernistas da cidade, que agora se atopa en pleno proceso de rehabilitación. E agradezamos que, por unha vez, a ningún iluminado se lle ocurreu derrubalo nos 70 para levantar un bloco de edificios de corte estalinista-compostelán (entrañable estilo autóctono).

Sinto envexa dende xa do afortunado que vaia vivir nela.

Publicada por Endalí à(s) 03:51 0 comentários  

Etiquetas: edificios, parques

Quiz

4.6.08


Eu que cría que os bancos eran unha homenaxe a famosa barca de pedra do apóstolo e acabo de ler que se trata dunha homenaxe á dorna galega.

Entón se os bancos son dornas, as marquesinas que son?! Eu digo que xoaniñas xigantes, por ahí din que táboas de surf...admítense as apostas.

Publicada por Endalí à(s) 01:02 1 comentários  

Etiquetas: prazas, zona nova

Praza Gris...ehr...isto...Roxa Pt. 1

3.6.08




É moi doado facer fotos a lugares tan fermosos como Bonaval; boas ou malas, tanto ten. A cousa e que os sentidos disfrutan de estar nun lugar coma ese e é moi sinxelo escribir algo para acompañar as imaxes.

E logo están eses sitios que non me gustan tanto. E está o polemiquísimo resultado da remodelación da Praza Roxa, punto central do Ensanche.
Odiseia!!! sacarlle unha foto semidecente a unha praza que xa nin roxa é. Buscarlle algun ángulo afortunado.

But let's say something nice: gústame moito esa fonte-fervenza aproveitando a pendente da Costa das Camelias. Sei que é case-unánimemente- odiada, pero entre tanta losa gris e tanta 'tabla de surf'? e tanta barca-banco...é do pouco que me gusta. Coma unha escultura interactiva.
A fervenza mailo banco semicircular que domina o extremo norte da praza.

Mais cousas boas? por suposto. Co bo tempo énchese de terrazas, é un punto estratéxico para citarse cos amigos e hai unha boa historia sobre a orixe do seu nome: disque se chama así por ser o lugar onde adoitaban celebrarse as manifestacións e concentracións comunistas.

Publicada por Endalí à(s) 02:55 0 comentários  

Etiquetas: prazas, zona nova

Sweet home Conxo



Unha noite de lúns por Conxo. Cada vez que volto o meu querido barrio é coma unha volta o fogar. Non deixedes de visitalo. Fotografías da Praza da Nosa Señora da Mercé e a gardería.



Publicada por IndexKing à(s) 02:19 0 comentários  

Etiquetas: prazas, rúas

Valle Inclán

2.6.08



Esta escultura do recoñecido e famoso escritor Ramón María del Valle Inclán atópase no paseo dos leóns da alameda de Santiago de Compostela. A estatua está feita en bronce e é obra do escultor César Lombera.

Din que Valle-Inclán se sentaba moitas veces no banco onde agora figura a escultura, para gozar das fermosas vistas a catedral das que poñerei unha imaxe a continuación.

Creo que se trata dunha das estatuas máis fotografiadas de toda a cidade e con razón, ainda que para ésta non se prestase ningún de nós a sentarnos xunto a Valle Inclán...

Publicada por Tagen_Ata à(s) 22:37 0 comentários  

Etiquetas: catedral, estatuas, parques, zona vella

Un pouco de Euskadi en Santiago

1.6.08



O venres a alameda compostelana vestiuse un pouco dun dos nosos primos do norte, os vascos, alí os santiagueses puideron deleitarse con productos e gastronomía típica de Euskadi.

Publicada por Tagen_Ata à(s) 23:02 0 comentários  

Etiquetas: parques

Mensagens mais recentes Mensagens antigas Página inicial
Subscrever: Comentários (Atom)

Estadisticas blog

Blog Design by Gisele Jaquenod

Work under CC License.

Creative Commons License