skip to main | skip to sidebar

Verbas

  • zona vella (28)
  • rúas (10)
  • catedral (7)
  • curiosidade (7)
  • parques (7)
  • zona nova (6)
  • estatuas (4)
  • prazas (4)
  • edificios (3)
  • Curiosidades (2)
  • Músicos (2)
  • campus norte (2)
  • campus sur (2)
  • librarías (2)
  • aforas (1)
  • arte (1)
  • fontes (1)
  • museos (1)

Pelegríns

  • Endalí
  • Pelegrín
  • Tagen_Ata
  • Maltraste

Arquivos

  • Agosto (5)
  • Abril (5)
  • Março (8)
  • Junho (18)
  • Maio (14)

Non sempre chove en Santiago

A sombra do peregrino

17.6.08


Di unha vella lenda que un sacerdote namorou dunha relixiosa do convento de San Paio de Antealtares. Tódalas noites o clérigo ía na busca da súa amada, atravesando un pasadizo segredo soterrado baixo ás escaleiras da Quintana que comunicaba a Catedral co Mosteiro.

Mais chegou o día en que esta situación se fixo insoportable para os dous amantes, que acordaron fuxir xuntos. A cita quedou fixada para medianoite e o sacerdote decidiu ir vestido de peregrino para non chamar a atención de ollos maledicentes.

O home agardou e agardou por ela, pero a moza non acudiu, ninguén soubo nunca o porqué. O clérigo, desesperado, xamais puido renderse á evidencia e dende entón, cada noite, pasadas as 12, sen importar os séculos transcorridos, a súa sombra paciente segue asistindo á cita.

Esta é só a primeira (e a miña favorita) das dúas versións da historia da misteriosa sombra do peregrino. Aquí poderás coñecer a outra.

Publicada por Endalí em 03:38  

Etiquetas: catedral, zona vella

6 comentários:

Maltraste disse...

Pleeeeease... sacádelle unha foto ás escaleiras da Quintana cos buraquiños (respiradoiros?), que supostamente comunica(ba)n a catedral co convento!

18 de Junho de 2008 19:12  
Endalí disse...

=O que eu non coñecia o dos buracos eses! mañá paso por alí e busco

19 de Junho de 2008 02:22  
Maltraste disse...

por se se me entedeu mal: os buracos non comunicaban os edificios :P... referíame ás escadas. o que pasa é que os buracos, supostamente, servían para deixar pasar luz e aire, e si que se ven se te fixas ben.

19 de Junho de 2008 17:38  
Endalí disse...

explicaches ben: hoxe vin eses 'respiradoiros' (?)... non sei se sería o termo correcto... e teño fotos, logo posteo. Graciñas pola info! :D

20 de Junho de 2008 01:28  
Endalí disse...

ou sexa...digo eu que sí serán respiradoiros, pero como o mellor tamén se trataba de ter algo de luz =S ahem! voume ir documentar xaaaaa agora mesmiño

20 de Junho de 2008 01:30  
galicianacion disse...

Una hermosa fotografía, saludos

7 de Junho de 2009 21:22  

Enviar um comentário

Mensagem mais recente Mensagem antiga Página inicial
Subscrever: Enviar comentários (Atom)

Estadisticas blog

Blog Design by Gisele Jaquenod

Work under CC License.

Creative Commons License