Así se vía a rúa de San Paio de Antealtares onte á noite, á altura da porta principal do mosteiro do mesmo nome (famoso polos seus doces beneditinos-ahem! acepto agasallos, dígoo por se alguén está pensando en achegarse por alí).
Amais diso, a rúa é coñecida polas súas terrazas e bares e adoita estar concorridísima nas noites de bo tempo.
Noite na rúa de San Paio
27.5.08
Publicada por Endalí à(s) 22:31 0 comentários
Etiquetas: rúas, zona vella
Rúa do Vilar
A rúa do Vilar, é unha das rúas máis emblemáticas e importantes de todo o casco vello da cidade, xa que ten un carácter cultural, turístico e monumental.
Atópase entre a rúa Nova e a rúa do Franco e desemboca na praza de Praterías, e na maior parte dela se poden ver os soportais típicos de Santiago.
Os edificios máis importantes desta rúa son: A casa do Deán, que é a sede oficial de acollida ao peregrino, a casa-pazo de Vaamonde que é a sede de consorcio de Compostela, a fundación cultural Caixa Galicia, a antiga sala de cine e teatro Yago, a galería de arte moderno Espacio 48 , a fundación Gonzalo Torrente Ballester e algunhas das tendas máis antigas da cidade.
(Pasaremos a poñer imaxes destes edificios e outras curiosidades en próximas actualizacións).
Publicada por Tagen_Ata à(s) 20:51 0 comentários
Etiquetas: rúas, zona vella
Rúa do Val de Deus
26.5.08
Nesta estreita rúa chaman a atención as gárgolas no lateral do -xigantesco!- mosteiro de San Martiño Pinario. Bestas, demos e demais animais sinistros que pola noite cobran vida para gardar o mosteiro.
Publicada por Endalí à(s) 23:58 0 comentários
Etiquetas: rúas, zona vella
Igrexa de San Paio
25.5.08
Esta imaxe pertence ao convento e igrexa de San paio de Antealtares, situada no casco vello de Compostela (frente á cabeceira da catedral), pechando a praza da Quintana.
Aquí amosamos a fachada na que se atopa San Paio mártir. San Paio foi un rapaz cristián martirizado durante o califato de Abderraman III e canonizado posteriormente pola igrexa católica, como exemplo de virtude da castidade xuvenil fronte á homosexualidade.
Como podedes ver a historia non é moi agradable...
Publicada por Tagen_Ata à(s) 23:01 0 comentários
Etiquetas: zona vella
Cores
23.5.08
CGAC e convento de San Domingos de Bonaval. s.XVII fronte a s.XX. Domingo de Andrade vs. Álvaro Siza. Empate técnico ;)
Publicada por Endalí à(s) 17:32 0 comentários
Etiquetas: museos, parques, zona vella
O tamaño sí que importa
Antigamente o estatus económico das familias santiaguesas medíase polo tamaño das chemineas dos seus fogares. Canto máis grandes foran, máis poderío monetario tiñan os seus donos. Ostentación á santiaguesa.
Publicada por IndexKing à(s) 17:04 0 comentários
Etiquetas: zona vella
San Xerome
AKA "reitorado" para os que somos ou fumos estudantes (aiiiaiai qué pensaría meu abuelo se me oise este falar tan "xunteiro"!) na USC.
Foi construido no século XVI para realoxar ós estudantes pobres de Artes que anteriormente residían noutro edificio. A portada gótico-románica foi trasladada dende o antigo colexio-hospicio da Acibechería.
Publicada por Endalí à(s) 01:30 0 comentários
Etiquetas: zona vella
As dúas Marías
22.5.08
A imaxe que ensinamos a continuación atópase no parque da Ferradura na alameda de Santiago de Compostela. Esta escultura recibe o nome de "as dúas Marías" ou "as dous en punto". As dúas eran irmás e a historia di que saían tódolos días ás dous en punto para pasear pola alameda e pese á súas idades avanzadas, trataban de "flirtrear" cos estudantes que pasaban de camiño para comer.
Sempre saían xuntas, maquilladas e vestidas con roupas de cores moi vivas porque querían aparentar menos idade da que tiñan.
Os seus nomes foron Corelia e Maruxa. Din que Corelia morreu antes e pese a isto, Maruxa non saiu nunca soa da casa, ésta morreu uns meses despois.
Publicada por Tagen_Ata à(s) 20:41 1 comentários
Etiquetas: estatuas
Monstros na Rúa Nova
Seino! Isto ten que ter unha historia...só que non a coñecemos-alomenos de momento- (inxerir aquí sintonía de decepción). Equipo de documentación: a traballar!!
E se non lla atopamos haberá que lle inventar unha, non?
Publicada por Endalí à(s) 18:47 0 comentários
Etiquetas: rúas, zona vella
Parque ou cemiterio?
Un pouco as dúas cousas; a parte alta do Parque de Bonaval foi cemiterio unha vez e na renovación mantivéronse os antigos nichos (por suposto agora baleiros e clausurados, non era o caso chamar á Compaña!).
Camposanto xa non é, certo, mais eu diría que aínda fica no aire esa calma estraña dos cemiterios. Ou serán cousas miñas...
Publicada por Endalí à(s) 18:39 0 comentários
Etiquetas: parques