Imaxes no Barrio de Santa Marta de abaixo tirando cara o hospital clínico universitario. Na primeira foto sae un hórreo destartalado. Iso da a pensar moitas veces de que se trata Santiago: unha vila ou unha cidade? eu me quedo co termo que me dixo un día Endalí: "Aldea Cosmopolita".
Barrio de Santa Marta
30.3.09
Publicada por Tagen_Ata à(s) 21:59 0 comentários
Etiquetas: aforas, curiosidade
Curiosidades de Compostela: V
26.3.09
Este boneco é moito máis diabólico que o famoso Chucky. O lugar: unha xoguetería de Xeneral Pardiñas.
Publicada por Tagen_Ata à(s) 18:46 0 comentários
Etiquetas: curiosidade, zona nova
Curiosidades de Compostela: IV
Sei que esta entrada debería titularse: "Horteradas de Compostela" pero ímolo deixar en curiosidade porque ao fin e ó cabo tamén forma parte de aquí. Como podedes comprobar, a imaxe corresponde a dúas estatuíñas duns gnomos ou ananos nun balcón da rúa Alfredo Brañas. Non lle saco ningún símil con Amèlie nin dous dos ananos de Brancaneves se foron de excursión, poden estar tranquilos.
Pero esta non é a única vivenda na que os seus donos teñen bo sentido do gusto. Nunha xanela dunha casa da rúa Manuel Murguía se atopa un bonsai, un gnomo máis grande que os da imaxe e unha ardilla de arcilla, todo moi estético como poderedes imaxinar... en canto me sexa posible subirei unha foto para que todo o mundo poda deleitala.
Publicada por Tagen_Ata à(s) 16:30 0 comentários
Etiquetas: curiosidade, zona nova
Rodaxe 18 comidas
20.3.09
Camiñando tranquilamente este medio día pola rúa do Vilar, atopeime por casualidade coa rodaxe da película "18 comidas" do director Jorge Coira (director do Ano da Carracha entre outras) e ó parecer, un dos seus protagonistas é Luis Tosar (na imaxe tocando a guitarra, non sei se por descanso ou se pertence a unha escea propia do film, supoño que ambas cousas), polo que entendín, a película relata varias historias cruzadas a teavés de 18 comidas distintas onde a improvisación é o principal medio de interpretación.
Publicada por Tagen_Ata à(s) 21:29 0 comentários
Etiquetas: zona vella
Curiosidades de Compostela: III
"La sencillez es algo tan complicado que sólo se puede ver con una mirada simple"
Esta imaxe corresponde ós carteis dunha exposición do pintor coruñés Fernando Pereira dispoñible ata o 5 de abril na fundación Torrente Ballester de Santiago de Compostela. A pintura de Fernando Pereira é máis de corazón que de mente, máis de tacto que de man. As suas figuras poseen inquietantes miradas pese a carecer de ollos. Trátase dunha nova pintura caracterizada sobre todo pola liberdade do artista ante as tendencias, pola ausencia do modelo ou patrón, dándolle todo o protagonismo ó lenzo en branco. En próximas actualizacións publicarei imaxes dalgunha das súas pinturas.
Publicada por Tagen_Ata à(s) 16:40 0 comentários
Etiquetas: arte, zona vella
Curiosidades de Compostela: II
19.3.09
A libraría Vetusta, ubicada na rúa Nova, é unha das miñas librarías favoritas e un dos lugares máis idóneos cando queres desconectar. Os donos son un matrimonio maior, bastante agradable e coñecedores da boa literatura. As tardes son do máis amenizantes porque mentras olleas os libros, o entorno se acompaña a maioría das veces de música jazz, blues... os libros son de segunda man e te podes atopar de todo, incluídas moitas obras que están descatalogadas na maioría dos sitios.
Ademais dispón do seu propio catálogo online moi ben organizado. A quen lle interese, pode botar un viztazo no seguinte enlace:
http://www.libreriavetusta
Publicada por Tagen_Ata à(s) 16:22 0 comentários
Etiquetas: librarías, zona vella
Curiosidades de Compostela
18.3.09
A partir desta entrada irei poñendo imaxes de lugares que me gustan ou cousas que poden pasar desapercibidas a primeira vista nesta cidade. Algunhas poden resultar absurdas, extrañas ou incluso feas para quen as perciba, pero é sobre todo polo cariño que lles teño, ou por iso da sinxeleza das pequenas cousas, xa saben.
Empezarei coa primeira: a gaiola que se atopa nun dos calellos entrando á praza do Toural, ten como un paxaro artificial no seu interior e está ubicada na fachada dun restaurante de comida kurda, normalmente non adoito camiñar mirando ó ceo, pero fai pouco, de casualidade, atopeime con isto e me resultou gracioso.
(Maltraste me dixo que iso se debe a que anteriormente o bar que estaba nesa rúa chamábase "a gaiola"...)
Publicada por Tagen_Ata à(s) 21:14 0 comentários
Etiquetas: curiosidade, zona vella