A imaxe que ensinamos a continuación atópase no parque da Ferradura na alameda de Santiago de Compostela. Esta escultura recibe o nome de "as dúas Marías" ou "as dous en punto". As dúas eran irmás e a historia di que saían tódolos días ás dous en punto para pasear pola alameda e pese á súas idades avanzadas, trataban de "flirtrear" cos estudantes que pasaban de camiño para comer.
Sempre saían xuntas, maquilladas e vestidas con roupas de cores moi vivas porque querían aparentar menos idade da que tiñan.
Os seus nomes foron Corelia e Maruxa. Din que Corelia morreu antes e pese a isto, Maruxa non saiu nunca soa da casa, ésta morreu uns meses despois.
As dúas Marías
22.5.08
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
1 comentários:
hei!que acabo de ler por ahí que a estatua foi inaugurada exactamente as dúas en punto da tarde ;) bonito, que non?
Enviar um comentário