Como o prometido é debeda, hoxe tamén paso a comentar unhas fotos de diferentes locais e establecementos da rúa do Vilar.
1-2) A fundación cultural Caixa Galicia: parece mentira que se encargue unha entidade bancaria de difundir a cultura na cidade… pero é o que hai. Esta fundación ofrece de maneira gratuita a posibilidade de contemplar obras de arte. Este mes destaca unha exposición de cadros do famoso pintor impresionista, Joaquin Sorolla. Tamén realizan ciclos de cine bastante interesantes. A foto é do pasado mes de abril, sei que tiña que actualizala pero últimamente me vexo escasa de tempo. Este mes está adicado aos grandes mestres italianos, Fellini, De sica, Rosellini, Visconti….
3) A sede da fundación Gonzalo Torrente Ballester. Esta sede está dotada con biblioteca, auditorio, e acolle actividades vencelladas á literatura e outras manifestacións artísticas, polo que na súas salas tamén se realizan exposicións de carácter temporal.
4) Imaxe lateral do edificio onde se atopaba antigamente a imprenta da coñecida editorial “nós”. O seu fundador, Anxel Casal, foi a figura que máis fixo pola normalización do libro galego antes da guerra civil. Exerceu de alcalde de Santiago en 1936, e pagou coa propia vida o seu compromiso de amor a Galicia.
1 comentários:
Pois parece que os politicos que temos en sorte deben pensar que sí, que da cutura xa se encargan as caixas (claro que cando se lles dá a eles por promover a cultura, fan Gaiás: non sei que é peor).
Nunca vira a placa na honra de Casal...sigh...que inxusto fin...
Enviar um comentário