É moi doado facer fotos a lugares tan fermosos como Bonaval; boas ou malas, tanto ten. A cousa e que os sentidos disfrutan de estar nun lugar coma ese e é moi sinxelo escribir algo para acompañar as imaxes.
E logo están eses sitios que non me gustan tanto. E está o polemiquísimo resultado da remodelación da Praza Roxa, punto central do Ensanche.
Odiseia!!! sacarlle unha foto semidecente a unha praza que xa nin roxa é. Buscarlle algun ángulo afortunado.But let's say something nice: gústame moito esa fonte-fervenza aproveitando a pendente da Costa das Camelias. Sei que é case-unánimemente- odiada, pero entre tanta losa gris e tanta 'tabla de surf'? e tanta barca-banco...é do pouco que me gusta. Coma unha escultura interactiva.
A fervenza mailo banco semicircular que domina o extremo norte da praza.
Mais cousas boas? por suposto. Co bo tempo énchese de terrazas, é un punto estratéxico para citarse cos amigos e hai unha boa historia sobre a orixe do seu nome: disque se chama así por ser o lugar onde adoitaban celebrarse as manifestacións e concentracións comunistas.
0 comentários:
Enviar um comentário