Sei que esta entrada debería titularse: "Horteradas de Compostela" pero ímolo deixar en curiosidade porque ao fin e ó cabo tamén forma parte de aquí. Como podedes comprobar, a imaxe corresponde a dúas estatuíñas duns gnomos ou ananos nun balcón da rúa Alfredo Brañas. Non lle saco ningún símil con Amèlie nin dous dos ananos de Brancaneves se foron de excursión, poden estar tranquilos.
Pero esta non é a única vivenda na que os seus donos teñen bo sentido do gusto. Nunha xanela dunha casa da rúa Manuel Murguía se atopa un bonsai, un gnomo máis grande que os da imaxe e unha ardilla de arcilla, todo moi estético como poderedes imaxinar... en canto me sexa posible subirei unha foto para que todo o mundo poda deleitala.
Curiosidades de Compostela: IV
21.3.09
Publicada por Tagen_Ata à(s) 16:30
Etiquetas: curiosidade, zona nova
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
0 comentários:
Enviar um comentário