Primeira imaxe: parte do Pórtico da Gloria onde cabe destacar a figura de Danieliño, o profeta mostra un sorriso pícaro, din que se debe a que anteriormente se situaba en frente unha escultura da emperatriz Ester, cuns voluminosos senos. Según a lenda, un obispo, xa farto de que a xente falase da mirada de Daniel, mandou rebaixar o tamaño do peito da raíña en vez de deixalos flirtear ós dous tranquilamente...
Os composteláns, alporizados ante este feito, crearon o chamado queixo de tetilla para inmortalizar así os peitos da raíña Ester. Se é que menudas obscenidades...
Segunda imaxe: Cúpula da catedral onde se pode observar un ollo, supostamente "o ollo de deus" que todo o ve...
En próximas actualizacións falarei largo e tendido sobre o cabalo branco de Santiago...
Curiosidades de Compostela: VII
13.4.09
Publicada por Tagen_Ata à(s) 19:38
Etiquetas: catedral, zona vella
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
0 comentários:
Enviar um comentário