O trasgo era unha libraría de segunda man situada na rúa Xeneral Pardiñas. Levaron a cabo unha liquidación por peche fai realmente pouco, o motivo? sen dudalo, a súa ubicación nunhas galerías alonxadas da man de deus. A maioría da xente que coñezo percatouse da existencia desta tenda por casualidade, e no meu caso non foi menos.
O bó deste local é que ademais de libros, podías conseguir películas sen desempaquetar a bó prezo xunto con coleccionables, vinilos e discos compactos de jazz, blues, ópera, música clásica... O vendedor, cun aspecto excéntrico e un asombroso parecido a Woody Allen, sacábache conversacións de aspecto filosófico á mínima de cambio, e ó igual que na libraría Vetusta, a música que soaba de fondo sempre era jazz.
Outro dos detalles que persoalmente me gustaban, neste caso máis estético, era a barandilla-balcón de madeira no piso de arriba que supoñía unha especie de almacén. Dende logo que agora é un dos lugares santiagueses que máis boto en falta xunto coa sala Yago e os multicines Compostela. Que será o próximo que pechen?
Curiosidades de Compostela: VI
6.4.09
Publicada por Tagen_Ata à(s) 22:11
Etiquetas: curiosidade, librarías, zona nova
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
0 comentários:
Enviar um comentário