Jazzman é un dos mellores músicos das rúas de Santiago de Compostela e quen opine o contrario, minte. Este tipo, do máis curioso, chama especialmente a atención polo seu aspecto, unha media negra na cabeza, beizos vermellos postizos, cigarrillo (incombustible) na boca e un gran chapeu branco para facernos recordar ós músicos negros do jazz estilo-anos 40.
A mín dende logo que as mañáns se me fan máis agradables cada vez que paso por Praterías ou arredores xa que podes disfrutar de sons tanto melancólicos como enérxicos con tintes de jazz, blues e bossa.
Imaxe: Jazzman na praza da Quintana
Jazzman
2.4.09
Publicada por Tagen_Ata à(s) 16:06
Etiquetas: Músicos, zona vella
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
0 comentários:
Enviar um comentário